INICIATIVAS COLECTIVAS DE CONSUMO ECOLÓXICO EN GALICIA: panorama actual, modelos e acción socioeducativa

Autores

DOI:

https://doi.org/10.52719/bjas.v2i2.3709

Resumo

As iniciativas colectivas de consumo ecolóxico teñen unha presencia relativamente arraigada e, ata certo punto, consolidada en Galicia. Estas poden constituír unha avanzada sociocultural alternativa e actuar como axentes socioeducativos para promover entre a cidadanía a adopción de dietas sustentables que acompasen a configuración de sistemas agroalimentarios acordes que as abastezan, contribuíndo deste xeito ao desenvolvemento e difusión da cultura da sustentabilidade a través do consumo como ámbito de acción colectiva. Mediante un deseño de estudo de casos múltiple, neste traballo preséntanse os resultados dunha análise descritiva dun conxunto de 37 iniciativas colectivas de consumo ecolóxico presentes actualmente en Galicia, ofrecendo unha clasificación por tipos e modelos, a súa distribución territorial e a evolución e cambio de modelo nalgúns casos salientables, así como algunhas das súas características principais, como a súa antigüidade, figura xurídica, motivacións de orixe, composición, grao de implicación das persoas que as compoñen e aspectos referidos á loxística de distribución e os espazos empregados para tal efecto ou á gobernanza. Por último, achéganse unhas liñas xerais da dimensión socioeducativa das iniciativas estudadas, destacando as principais actividades desenvolvidas, os temas máis recorrentes, os obxectivos prioritarios e as dificultades que as iniciativas enfrontan á hora de desenvolver esta dimensión da súa acción colectiva. En resumo, preténdese achegar unha panorámica actual do estado xeral do consumo ecolóxico colectivo en Galicia, así como un esbozo do potencial socioeducativo deste tipo de iniciativas á hora de difundir e facer extensivo ao conxunto da cidadanía os valores e prácticas asociados á Agroecoloxía.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Biografia do Autor

Kylyan Marc Bisquert i Pérez, Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA-interea, Universidade de Santiago de Compostela

Departamento de Pedagoxía e Didáctica. Área de Teoría e Historia da Educación.

Pablo Ángel Meira Cartea, Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA-interea, Universidade de Santiago de Compostela

Departamento de Pedagoxía e Didáctica. Área de Teoría e Historia da Educación.

Referências

Bisquert, K.M. e Meira, P.Á. (2019). Validação de instrumento de recolhimento de dados para uma aproximação desde a educação ambiental ao movimento social agroecológico na Galiza e sua dimensão socioeducativa. Ambiente & Educação, 24(2), 236-266. Recuperado de https://periodicos.furg.br/ambeduc/article/view/9731/6230 [Revisado o 9 de xullo de 2020].

Couceiro, A., Martínez, Y., Alonso, J., Santafé, E., Saralegui, P. e Ortega, E. (2016). Grupos de consumo. Una cultura agroalimentaria sostenible. Madrid: Libros en Acción.

CRAEGA (2017). Barómetro 2017. Percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia. Monforte de Lemos: CRAEGA. Recuperado de https://www.craega.es/wp-content/uploads/2019/03/Barometro-2017.pdf [Revisado o 9 de xullo de 2020].

Esteve-Llorens, X., Martín-Gamboa, M., Iribarren, D., Moreira, M.T., Feijoo, G. e González- García, S. (2020). Efficiency assessment of diets in the Spanish regions: A multi-criteria cross-cutting approach. Journal of Cleaner Production, 242, 118491. Recuperado de https://doi.org/10.1016/j.jclepro.2019.118491 [Revisado o 9 de xullo de 2020].

Esteve-Llorens, X., Moreira, M. T., Feijoo, G. e González-García, S. (2019). Linking environmental sustainability and nutritional quality of the Atlantic diet recommendations and real consumption habits in Galicia (NW Spain). Science of The Total Environment, 683, 71-79. Recuperado de https://doi.org/10.1016/j.scitotenv.2019.05.200 [Revisado o 9 de xullo de 2020].

Lema-Blanco, I., García-Mira, R. e Muñoz-Cantero, J.M. (2015). Las iniciativas de consumo responsable como espacios de innovación comunitaria y aprendizaje social. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, (14), 29-33. Recuperado de https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.14.316 [Revisado o 9 de xullo de 2020].

Meybeck, A. e Gitz, V. (2017). Sustainable diets within sustainable food systems. Proceedings of the Nutrition Society, 76(1), 1-11. Recuperado de https://doi.org/10.1017/S0029665116000653 [Revisado o 9 de xullo de 2020].

Ríos, R. (2014). Os circuitos curtos de comércio de alimentos na Galiza atual: na procura de alternativas ao oligopólio da distribuiçom. ICEDE Working Paper Series, 10. Recuperado de https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/investigacion/grupos/icede/descargas/WP_Os_circuitos_curtos_Rios.pdf [Revisado o 9 de xullo de 2020].

Simón, X., Copena, D. e Rodríguez, L. (2010). Construyendo alternativas agroecológicas al sistema agroealimentario global: acción y reacción en el Estado español. Revista de Economía Crítica, 10, 138-175. Recuperado de http://revistaeconomiacritica.org/sites/default/files/7.pdf [Revisado o 9 de xullo de 2020].

Soares, R. O., Tavares, P., Lu, M., Cristóvão, A., Fra, M. P. e Arias, A. I. G. (2020). A dinâmica de comercialização em circuito curto em Lugo_Galiza. Revista de Ciências Agrárias, 43(spe1), 26-35. Recuperado de https://doi.org/10.19084/rca.19029 [Revisado o 9 de xullo de 2020].

Vázquez, M.D. (2017). Funcionamiento y Evolución de una asociación de consumidores/as “O Bandullo Ecolóxico”. AE. Revista Agroecológica de Divulgación, (28), 28-29.

Downloads

Publicado

2021-01-02

Como Citar

Bisquert i Pérez, K. M., & Meira Cartea, P. Ángel. (2021). INICIATIVAS COLECTIVAS DE CONSUMO ECOLÓXICO EN GALICIA: panorama actual, modelos e acción socioeducativa. Brazilian Journal of Agroecology and Sustainability, 2(2). https://doi.org/10.52719/bjas.v2i2.3709

Edição

Seção

Artigos